20 feb. 2015

VISITA MESTRE BELXICA

Pasou a semán pasada de visita Pablo Sanchez,.Antigo alumno do obradoiro que despois de ampliar estudos no Newark School, actualmente traballa como mestre na seccion de guitarra clasica na ILSA, Internationale Lutherie School Antwerpen.


11 nov. 2014

INICIO DO CURSO 2014-2015

Comenzou un novo curso do Obradoiro de Lutheria Antiga preparando novos traballos os alumnos de primeiro e continuando cos seus instrumentos os de segundo.



14 oct. 2014

VIHUELAS CURSO 2013-14

Construcción de Vihuelas. Bernizado a Goma laca no curso 2013-14 coa restauradora Elvira Pérez Baz.



14 feb. 2014

NOGUEIRA DE LICIN

O pasado 11 de Febreiro do 2014 caeu a nogueira centenaria de Licin en O Saviñao, incluido no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

A árbore, cun perímetro de mais de oito metros, era probablemente o exemplar mais antigo desta especie que se conservaba en Galicia e sin duda o de maior grosor. Según algunhas estimacions, a sua idade podría rondar os cincocentos anos. O que é seguro e que aparece mencionado en documentos históricos do seculo XIX.

24 ene. 2014

EL LUTHIER DE DELFT

Aqui vos presento un libro moi recomendable.

'El luthier de Delft' (Acantilado) de Ramón Andrés (Pamplona, 1955) analiza a música (inda que tamén o arte e a ciencia) do século XVII, especialmente centrada na cultura neerlandesa. O libro xira en torno a tres personaxes centrais, o pintor Jan Vermeer, o filósofo Baruch Spinoza e o músico Jan Pietrszoon Sweelinck. A partir deles, o lector atoparase co a construcción de instrumentos musicais, as sus madeiras e vernices, así como co papel da muller no arte e a música; a vida dos pintores e o mundo simbólico das suas obras e os estudios científicos destinados á óptica e a difusión do telescopio. Un libro cheo de resonancias e armonías, sabiduría e sutileza.

15 nov. 2013

EXPOSICION OURENSE "EnArbolar: Grandes Árboles para la Vida”

A directora xeral da Fundación Félix Rodríguez de la Fuente (FFRF) inaugurarou en Ourense a exposición itinerante del proyecto LIFE+ “EnArbolar: Grandes Árboles para la Vida”. 

A mostra poderá visitarse no Invernadoiro do Parque de Montealegre de Ourense ata o próximo día 10 de dicembro, en horario de 09:00 a 20:30  horas, de martes a domingo.

Tratase dunha exposición de ciencia, cultura, medio ambiente e arte adicada ao patrimonio arbóreo do noso país. Forma parte do proyecto LIFE+ “EnArbolar”(BIGTREES4LIFE) da Fundación Félix Rodríguez de la Fuente.



1 oct. 2013

COMEZO DO CURSO 2013-14

Comezou o Curso do Obradoiro de Lutheria Antiga 2013-14

Actualizados programas e horarios no Blog

Tamén podes visitar a exposición de fin de Curso da Emao.